A cita terá lugar os días 7, 12 e 13 no Campo da Feira, con concertos, charlas e presentacións literarias, ademais de recitais poéticos nas terrazas dos bares e nas rúas da localidade
31 may 2021 . Actualizado a las 11:11 h.Música, roteiros, recitais e presentacións literarias darán forma ao primeiro Festival de Poesía Guitirica, que organiza o Concello de Guitiriz, coa colaboración de Nova Poesía Guitirica, e que terá lugar os días 7, 12 e 13. As actividades terán lugar, fundamentalmente, no Campo da Feira, pero tamén haberá actos na Casa Habanera e, ademais, tanto o sábado coma o domingo celebraranse recitais poéticos nas terrazas dos bares da localidade e en diferentes puntos das rúas da vila.
Ao longo do festival participarán, tanto nos recitais poéticos coma nas presentacións literarias, integrantes de diferentes agrupacións poéticas de todo o territorio galego, como son Nova Poesía Guitirica, Nómades do verso, Versos de Area, Irmandade luso-galaica, In Nave Civitas/Urbano Lugrís e Moraima/A grafía da emoción.
O programa do festival é o seguinte:
Luns 7
· 12.00h. Presentación do festival e inauguración da exposición «Xela Arias. Aquela nena de Sarria», na Casa Habanera
Sábado 12
· 11.00h. Presentación. Revista NPG Gazeta. Revista de Agrupacións Poéticas de Base
· 12.00h. Presentación libro «Poema da Rúa das Aves», de Miguel Barrera
· 13.00h. Saúdo da alcaldesa, Marisol Morandeira
· 13.30h. Actuación musical da Escola: Grupo Rock e Grupo Gaitas
· 14.00h. Pregón a cargo de Alfonso Blanco Torrado
· 14.30h. Actuación musical da Escola: Grupo Rock e Grupo Gaitas
· 17.00h. Palestra Carvalho Calero. Presenta Antón de Guizán. Participan Alfonso Blanco Torrado e Loreto de Castro
· 18.00h. Presentación libro «Abril», de Luz Darriba
· 18.30h. Presentación libro «Abecedario do país das Albarizas», de Xulio Pardo de Neyra
· 19.00h. Recital poético musical de Paco Rivas e Tono
· 20.00h. Concerto de Corredores de Sombra
Domingo 13
· 10.30h. Saída Roteiro Díaz Castro, guiado por Raúl Río, con alumnado do IES Díaz Castro
· 12.00h. Presentación libro «Lareira de soños», de Pas Veres
· 13.00h. Palestra de Xela Arias, que presenta María Xosé Lamas, coa intervención de Xulio Xiz e Ana Barral
· 14.00h. Actuación musical da UNED Sénior A Coruña, Folerpa de Son
· 17.00h. Presentación libro «Versos do desasosego», de Ana Barral
· 18.00 h. Presentación conxunta dos libros «Non estamos preparados para medrar», de Teresa Ríos Noya; e Bambán de Vento, de Hortensia Bautista
· 19.00h. Entrega de premios Vilariñas, presentada por Luz Airado, e a actuación de Eugenia Sanmartín; e dos premios Díaz Castro, presentados pola concelleira de Cultura e Igualdade, Ainara Pérez.