Mercado, música e obradoiros volverán á vila entre os días 30 e 1
26 oct 2021 . Actualizado a las 12:30 h.Do 30 de outubro ao 1 de novembro • Monterroso •
Monterroso recupera esta fin de semana unha das grandes citas da provincia que a pandemia obrigou a suspender o ano pasado: a Feira de Santos, con máis de 800 anos de historia e declarada Feira de Interese Turístico Galego. Durante tres días, desde o sábado 30 ata o luns 1, haberá música e obradoiros, ademais do tradicional mercado do feirón. Este ano, como novidade, a feira do día 1 será retransmitida por redes sociais para todo aquel a quen non lle sexa posible achegarse ata a localidade.
O programa de actividades é o seguinte:
Sábado 30
· 16.30-18.30h. Obradoiro «O bailar nas foliadas», con Artur Puga
· 18.00h. Presentación do libro «Cairón número 5» no centro sociocultural
· 19.00-21.00h. Ruta de Cantos de Taberna
· 21.00h. Concertos de Alvariza e Os da Porfía
Domingo 31
· 12.00h. Inauguración da réplica do miliario e da ruta «Do vello ao novo Monterroso»
Luns 1
· 11.00h. Retransmisión da feira nas redes sociais, presentada por Lucía Pérez
· 12.00h. Actuación de Falcatrueiros na Praza Antonio Rojo Losada
· 12.30h. Recepción oficial das autoridades, diante do Concello
· Ademais, pasarrúas amenizado pola Banda Sol do Faro Brass
Ligonde celebra un magosto
Ligonde, en Monterroso, celebra un Magosto no Camiño este domingo na Rectoral de Eirexe: ás 12.45, actúa Pakolas; ás 17.00, Davide Salvado, Fransy e Cibrán con folk tradicional; ás 19.00, monólogo de Sergio Pazos; e ás 20.15, de Isi. Haberá castañas asadas. Confirmar asistencia en vane.vila.pardellas@hotmail.com.