A xunta directiva do PP de Lugo xa chega ás 150 persoas

la voz LUGO

LUGO

La conselleira Ángeles Vázquez participó en la junta directiva del PP de Lugo
La conselleira Ángeles Vázquez participó en la junta directiva del PP de Lugo CEDIDA

Elena Candia completa os órganos do partido dous meses despois de celebrarse o congreso provincial

19 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A xunta directiva do PP da provincia de Lugo chega aos 147 membros, coa integración do comité executivo máis os xefes territoriais da Xunta en Lugo, alcaldes e portavoces que non forman parte do citado comité e tamén responsables dos distritos da cidade de Lugo.

A presidenta, Elena Candia, explicou este serán durante a reunión da xunta directiva provincial que «deste xeito complétanse os órganos de dirección do Partido Popular na provincia co obxectivo de traballar por e para a provincia de Lugo e, sobre todo, defender os intereses dos lucenses».

A dirixente popular incidiu na necesidade de «estar preto dos veciños para coñecer as súas necesidades e abrir o Partido á toda a sociedade lucense». Reafirmou tamén que “o noso obxectivo é convencer aos veciños de lograr a oportunidade de gobernar naqueles lugares onde non temos esa responsabilidade porque o que pretendemos é mellorar a calidade de vida dos lucenses. Somos bos xestores», matizou.

La conselleira Ángeles Vázquez participó en la junta directiva del PP de Lugo
La conselleira Ángeles Vázquez participó en la junta directiva del PP de Lugo

Na reunión da xunta directiva deste xoves contou tamén coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ángeles Vázquez, que deu conta dos orzamentos do seu departamento para o 2022 en relación á nosa provincia.