Juan Serrano, exalcalde de Portomarín: «Non hai políticas de futuro: agora todo é para hoxe, ou incluso para onte»

Miguel Cabana
miguel cabana LUGO / LA VOZ

LUGO

Juan Serrano, alcalde de Portomarín
Juan Serrano, alcalde de Portomarín cedida

É un dos poucos rexedores que deixou a alcaldía voluntariamente

20 mar 2022 . Actualizado a las 14:44 h.

Juan Serrano López (Portomarín, 1965), foi nomeado o pasado fin de semana presidente de honra do PP de Portomarín no congreso local do partido. Tras deixar voluntariamente a alcaldía no pasado outono e agora tamén a xestión diaria do partido, segue unicamente como senador de designación autonómica na bancada do PP. E, se cadra, non por moito tempo, porque se ofreceu a deixarlle esa cadeira a Feijoo en caso de que o necesite para irse a Madrid, aínda que recoñece que está gozando do traballo de senador. A súa intención é deixar a política e dedicarse á empresa privada, da que vive,

—Tras dez años como alcalde, ¿cales foron as mellores e as peores experiencias da política municipal?

—O mellor, deixar un proxecto social e de futuro mellor que o que atopei. O peor coñecer xente que antepón os seus intereses persoais os xerais, o exceso de burocracia e norma innecesaria. Tamén boto de menos que non se fagan políticas de futuro, agora ten que ser todo inmediato, para hoxe, e se pode ser para onte. Cheguei ca peor crise económica do último século e marchei despois da peor pandemia sanitaria acordada, podo recoñecerlle que algún día chorei na soidade.

—Poucos alcaldes abandonan o posto voluntariamente. E os cargos políticos en xeral agárranse cantos anos poden. Vostede, nembargante, propón a limitación no tempo.

Isto pode ser vocacional como o sacerdocio, e durar toda unha vida, todo é respectable; ou crer en sistemas políticos mais desenrolados, para min, o americano é o ideal, con limitación no mesmo cargo por tempo limitado. Aquí teríamos debate. Arriscámonos a ter políticos zombis, políticos aferrados a suculentos soldos letais para unha nación que necesitan desesperadamente unha alternativa. O caso mais representativo é o de Pedro Sánchez que aspira a seguir na Moncloa con canas, e deixar España cos ollos achinados de Pionyang e a política de Maduro ou o nacional-socialista Putin.

—Dixo que lle deixaría o seu posto no Senado a Feijoo se o precisa para ser senador de designación autonómica. ¿Non lle importaría deixar a política por completo?

—Como galego, vou contestar: E vostede que faría neste caso? Eu creo que a renuncia persoal de Feijoo buscando o benestar xeral do país é moito máis sacrificada que a miña de deixar o Senado. A miña acta de representación non é miña, é do partido, e ante esta eventualidade para min é unha honra poñerlla ó seu dispor se así o precisa. Falamos do mellor referente político que ten hoxe a nación. De certo será Presidente do Partido Popular de España, pero o que agora é necesario é que sexa presidente de todos os españois. Os concellos, as deputacións e os Gobernos autonómicos somos prestadores de servizos. As verdadeiras políticas de benestar para as empresas e familias fanse no poder do Estado e teño a certeza que ese será o seu destino final. E a todos nos irá moito mellor do que nos vai.

—¿Considera que o PP  ten posibilidades de recuperar o Concello de Lugo nas próximas municipais, e quizabes con elo a deputación?

—Aquí temos dous problemas, dos cales tamén me autoinculpo como membro desta familia. O primeiro é que se temos un corredor de fondo que nunhas autonómicas supera sempre os 22.000 e nunhas locais no mesmo circuíto de votantes solo acadamos 16.000 está claro que hai marca de partido, pero necesitamos entre todos xerar ilusión. E o outro problema é: se despois de 20 anos de non ter proxecto de cidade, os lugueses seguen apoiando a un goberno comunista nun pacto de perdedores, os que temos un problema somos os cidadáns. Non podo rematar esta resposta sen facer un acto de contrición: o partido debe facer unha reflexión de que se pode mellorar para acadar un goberno que non fomos quen de ter en 20 anos. Sen Lugo, non hai Deputación posible e tampouco proxecto de provincia. O partido socialista e os seus socios nacionalistas teñen o record de deslealdade con Portomarín. Sendo alcalde, un presidente con raíces aquí sacounos un pavillón con dotación en presupostos, proxecto, licenza e achega de térreos. O presidente actual mellórao e déixanos sen apartamentos tutelados cando xa estaban adxudicados á empresa construtora. Surrealista. Nunca pensei que eu tería que afirmar: con Cacharro a Deputación tiña: mais transparencia, democracia interna, honestidade, cortesía, educación e proxecto de provincia que agora. Pero sendo obxectivo e ca perspectiva do tempo, esa é a verdade!

—A nivel provincial, o PP ten en Lugo unha porcentaxe de voto maior que nas outras provincias galegas pero é a que ten menor número de conselleiros. ¿Está perdendo Lugo peso político en Galicia?

—Temos un vicepresidente de Lugo. Cando unha persoa goberna ten que facer o seu equipo, e sentirse a gusto. A Feijoo non lle tocaron nin os mellores momentos económicos, nin sanitarios. Isto non é unha cuestión de baronías, o mellor desde Lugo a presidenta non lle antepuxo nomes se non proxectos que redundaran en beneficio da xente. Isto a veces nin se valora nin se visualiza, pero cónstame que así foi, e segue a ser ante as novas de estes días.

—Qué opinión lle merece el compromiso das eléctricas a alguén coma vostede, que vive nun pobo con un mar interior como Portomarín, que durante moitos meses se queda á beira dun barranco baleiro ?

—O das eléctricas non ten nome. Portomarín deixou as súas mellores terras, a súa esencia; encheu con bágoas dos nosos pais e avós a primeira vez o embalse de Belesar. Permítame que faga eu de periodista agora e lle lance unha pregunta ós lectores: Xeraron riqueza? Voulle dar a resposta: cero. Compromiso social con Portomarín? Cero. Non hai dano ambiental mais grande ca un embalse. E agora témonos que crer que a suposta España dos embalses non representa nada no sistema de fixación dos prezos eléctricos? E quen fixa a desmesurada factura que estamos pagando? Son os gobernos nacionais socialistas do este de Europa? Pódolle asegurar que non, xa non comulgo con rodas de muíño nin cas mentiras de quen nos goberna. Un muro de formigón nun río, é un freo á vida. E ante isto fago miñas as conclusións as que chegou Patrick Moore, que foi presidente de Greenpeace dende o 70 ó 86 sobre a visión ecoloxista da enerxía nuclear. Aconsello a quen estea interesado neste tema, que deberíamos ser todos, que lle dea unha lectura a súa tese.