Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Cantería, callos e artesanía para pasar o día na Feira de Parga

PAULA ÁLVAREZ / M. G LUGO / LA VOZ

LUGO

Un canteiro traballa a pedra nunha edición pasada.
Un canteiro traballa a pedra nunha edición pasada. FOTO SUSO

A gastronomía, xunto coa artesanía e as esculturas de pedra, son protagonistas durante a xornada

17 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia de Parga acolle hoxe a Feira da Cantería, Callos e Artesanía, que se desenvolverá durante todo o día na Carballeira. Alí, a cantería e a gastronomía serán protagonistas.

A xornada comeza coa chegada dos 15 participantes que escollen unha pedra ao seu gusto para participar no certame de cantería. Trátase dunha actividade común desta feira, xa realizada noutras edicións, e que consiste nunha loita por esculpir a mellor pedra, á vista do público, durante toda a mañá. Ata as 14.00 que cerra o concurso. Despois queda exposta baixo a decisión do xurado, que se coñece as 17.30 horas.

O gañador recibirá 700 euros de premio, mentres que o segundo e terceiro posto teñen como galardón 500 e 200 euros, respectivamente.

Pero ademais de pedra, a Feira de Parga ofrece outras alternativas como a «Mostra de Artesanía», dispoñible dende as 10.00 as 18.00 no recinto da feira. E non faltará a música, pois a Charanga Os Trileros e o Grupo de Gaitas Municipal de Guitiriz serán encargados de amenizar toda a xornada da mañá.

Pola tarde haberá inchables gratuítos e o Dúo Caramelo poñerá punto final a esta edición da feira.

Venda de callos

Parga non esquece a gastronomía e pon a venda os seus famosos callos. A ración custa seis euros e pode collerse a partir das 12.30 na Carballeira.

Os callos foron protagonistas xa en anteriores edicións.
Os callos foron protagonistas xa en anteriores edicións. OSCAR CELA