![O programa ofrece espectáculos por todos os teatros de Galicia.](https://img.lavdg.com/sc/DGZwO5DbXUDqcxblwHVJGFGSQQs=/480x/2022/07/16/00121657976041161949484/Foto/L16L2002.jpg)
O actor lugués formará parte do espectáculo que ofrece o programa Malo Será! nesta cidade
17 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle hoxe, as 21.00, un espectáculo de teatro da man do programa da TVG Malo Será!. Unha fusión de teatro e televisión que, nesta ocasión, trae como convidado a David Vilares.
O actor lugués, natural de Becerreá, foi Míster Lugo no ano 2020. Formouse en Socioloxía e, aínda que segue estudando, confesa que «a miña paixón é o mundo audiovisual».
Vilares participou xa nas varias series de televisión «Tres Camiños» e «A Lei de Santos». Pero hoxe promete namorar aos paisanos dando vida a diferentes personaxes xunto ao elenco habitual do programa.
E, aínda que ten «pouca experiencia en teatro», non esconde a súa emoción por participar neste acto que, curiosamente, «ten lugar na miña cidade o día do meu aniversario».
O espectáculo, que xira por toda Galicia, conta tamén hoxe coa presenza da presentadora Noelia Rey.