Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Vello Cárcere acolle unha mostra de arte Tingatinga

PAULA ÁLVAREZ / M. G LUGO / LA VOZ

LUGO

Trátase dun estilo que xoga co pintura acrílica de cores moi saturadas.
Trátase dun estilo que xoga co pintura acrílica de cores moi saturadas. Cedda

A mostra, dispoñible ata o 31 de setembro, está organizada polo artista tanzano residente en Lugo Allen Anock Abeid

17 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A mostra de arte Tingatinga organizada polo artista tanzano residente en Lugo Allen Anock Abeid, estará dispoñible ata o 31 de setembro no Vello Cárcere. En concreto, nas celas de homes da planta baixa.

O Tingatinga é un xénero pictórico creado no leste de África a principios do século XX. Inicialmente, fundouse para a representación do imaxinario do pobo africano. Coa idea de representar as súas tradicións, pero tamén baixo a influencia da importante demanda turística da zona.

Trátase dun tipo de arte difícil de catalogar, pero próximo a figura representativa. Emprega, na maioría dos casos, pintura acrílica de cores saturadas, con predominio da liña curva.

Entre os representantes máis importantes deste xénero están nomes coma o de Simon Mpata ou Omari Amonde.