Begonte aposta pola lingua e a muller na escena

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Lydia Botana actuará en Begonte
Lydia Botana actuará en Begonte cedidas

O Festival 27373 celebrarase o sábado 13

04 ago 2022 . Actualizado a las 12:34 h.

Sábado 13 • Todo o día • Club Fluvial de Begonte • 

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organiza a décima edición do Festival 27373, unha aposta firme pola lingua galega, por grupos emerxentes e pola visibilización das mulleres nos escenarios.

A festa comezará ás 14.00 horas cunha atractiva sesión vermú con música tradicional na que se poderán degustar, en exclusiva, as dúas cervexas oficiais do festival, froito da colaboración entre Castiñeiro Milenario e Cervexa Artesá Aloumiña. Ás 17.00 terá lugar o X Aberto de Billarda, e ás 18.00, o II Campionato de Serrador@s da Terra Chá, volvendo o cimbrón ao programa.

Ás 18.30 abre o festival Lydia Botana, cun espectáculo didáctico para as familias, Os contos de Alí, con narración oral, cancións e ilustracións. Despois subirán ao escenario os cantareiros Maghúa, as reivindicativas Flow do Toxo e o punk-rock de Os Vacalouras.