Desaparece un pescador de 76 anos en Navia de Suarna

María Quelle / M.G. LUGO/ LA VOZ

LUGO

Río Navia a su pasa por A Pobra
Río Navia a su pasa por A Pobra ALBERTO LÓPEZ

Os familiares alertaron da súa desaparición tras ver que non contestaba ao teléfono e que non chegara á casa a pasada a noite do domingo ao luns

11 jul 2023 . Actualizado a las 14:04 h.

Este domingo desapareceu un home de 76 anos, L. L. S. en Navia de Suarna. O home que está empadronado en Outeiro de Rei, pero reside na cidade de Lugo, tal e como indican fontes da Garda Civil, adoitaba ir a pescar e era coñecedor da zona pois acudía a miúdo dende hai anos.

Os seus familiares alertaron da súa desaparación despois de que non chegara a casa nin contestara ao teléfono. Segundo explica o alcalde do concello, José Fernández, sábese que deixou o seu coche preto do río, «a uns 50 metros», lugar onde se atopa o teléfono.

O home saíu un día máis a pescar sobre as cinco da tarde, mais de momento non se atoparon ningunha das súas pertenzas na zona que frecuentaba. Non obstante, o seu vehículo, un Mercedes azul con matrícula de Lugo, permanece no mesmo lugar onde o pescador o deixou.

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) participa desde onte á tarde nun operativo coordinado polos axentes da Garda Civil. Tamén participan na búsqueda agrupacións de emerxencias de Cervantes e de Negueira de Muñiz.