O San Froilán Miúdo programa unha vintena de actividades para os máis pequenos

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO

San Froilán Miúdo 2023
San Froilán Miúdo 2023 ALBERTO LÓPEZ

Incluirán teatro, música e actuacións varias

11 sep 2023 . Actualizado a las 19:23 h.

Máis dunha vintena de actividades formarán parte do programa do San Froilán Miúdo, dentro do cartel das festas patronais. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, detallounas onte.

MÉRCORES 4

18.30 h. Ritmo Lugo. Exhibicións de baile na carpa do San Froilán Miúdo.

  XOVES 5

11.00 h. «Xogos XL do mundo» de Ludiespai na carpa do San Froilán Miúdo. Colección de xogos de madeira para as persoas dos tres aos 103 anos.

12.30 h. «Woow» de Teatro C´art na Praza Maior (fronte á Casa do Concello).

17.30 h. «Woow» de Teatro C´art na Praza Maior (fronte á Casa do Concello).

18.30 h. «A punta do meu nariz» de Kolektivo Kónikas na carpa do San Froilán Miúdo.

VENRES 6

17.00 h. «Woow» de Teatro C´art na praza da Soidade.

18.30 h. «The Crazy Mozarts» de Mundo Costrini na carpa do San Froilán Miúdo.

19.30 h. «Woow» de Teatro C´art na praza da Soidade.

SÁBADO 7

11.00 h. «Xogos en Familia» de Ángeles de Trapo na carpa do San Froilán Miúdo. Xogos artesanais de madeira para toda a familia. En horario de mañá e tarde.

12.30 h. «Girafes» de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Saída dende o San Froilán miúdo na Avenida Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e ata Campo Castelo.

17.30 h. «Girafes» de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Saída dende o San Froilán miúdo, na avenida Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e ata Campo Castelo.

18.30 h. «El Mêtre» de JAM na carpa do San Froilán Miúdo.

DOMINGO 8

11.00 h. «Larun» de Jokai na carpa do San Froilán Miúdo. Colección de xogos de madeira inspirados na mitoloxía vasca. Das 11.00h ás 14.00h e das 16h ás 18.00h.

18.30 h. «Le Voyage» de JAM na carpa do San Froilán Miúdo.

LUNS 9

18.30 h. «Rodeo» de La banda del otro na carpa do San Froilán Miúdo.

MARTES 10

18.30 h. «Carilló» de Cia. LaTal na carpa do San Froilán Miúdo.

MÉRCORES 11

18.30 h. «Globe Story» de El perro azul teatro, na carpa do San Froilán Miúdo.

XOVES 12

11.00 h. «Orkestròniat» de Cia. La Cresta na carpa do San Froilán Miúdo. Instalación interactiva para toda a familia con instrumentos musicais realizados con refugallos. Dende as 11 h ata as 14 h e das 16h ata as 18h.

12.30 h. «O estrano caso do dentista da rúa Brasov» Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido: saída dende o San Froilán miúdo na avenida Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e ata Campo Castelo.

17.30 h. «O estrano caso do dentista da rúa Brasov» Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula .

18.30 h. «Teatime» de Cirkofonik na carpa do San Froilán Miúdo.