A cita será no Pazo de Feiras do 7 ao 8 de outubro, sendo o tradicional desfile de gando polo centro da cidade o venres 6
01 oct 2023 . Actualizado a las 13:14 h.O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle os días 7 e 8 de outubro a tradicional feira de Expo Lugo. A feira reunirá animais dunha vintena de razas, con especial protagonismo para as autóctonas, que desfilarán polo centro da cidade o 6 de outubro.
O deputado da Deputación de Medio Rural, Daniel García, e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo Rubén López, acompañados por representantes das asociacións gandeiras Asoporcel, Boaga, Avimós, Ovica e Puraga, presentaron esta mañá o programa da feira, que inclúe unha mostra gandeira con exemplares dunha vintena de razas autóctonas galegas e foráneas, así como certames e diferentes actividades formativas e lúdicas ao redor do gando.
Daniel García explicou que «a feira amosa e reivindica o papel central que o sector agrogandeiro ten no desenvolvemento económico e social de Lugo e de Galiza, e tamén no mantemento do territorio e da paisaxe» e agradeceu a «o traballo desenvolvido ao longo destes meses na elaboración do programa, froito dun traballo coordinado no que participaron as asociacións gandeiras e as entidades participantes na feira, achegando a súa experiencia e coñecementos».
Desfile polo centro de Lugo
O Desfile de Gando de Razas Autóctonas na contorna da Praza Maior de Lugo, o venres 6, ás 18.00 horas, será o prólogo da feira que se inaugurará oficialmente o sábado 7, ás 12.15 horas, coa presenza das seguintes razas, galegas e foráneas: Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Rubia Galega e Charolesa. Ovino: Ovella Galega, Charolesa, Suffolk, Inra 401, Romanoff, Texel negra e Sasi Ardi. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega e Pura Raza Árabe. Cans: Can de Palleiro
Na cafetería do Pazo de Feiras, ofreceranse menús especiais con produtos de razas autóctonas, que pretenden promocionar o consumo destes alimentos de calidade.
O programa de Expo Lugo é o seguinte
VENRES 6
- 16:00h Curso de formación en materia de benestar animal para conductores de transporte de animais vivos organizado por FOAGRO de la Xunta de Galicia
- 18:00h Desfile de gando de Razas Autóctonas polas rúas de Lugo.
SÁBADO 7
- 10:30h-11:15h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Xestión de pastos e pastoreo por Xan Pouliquen, enxeñeiro agrónomo e agroecólogo. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.
- 11:00h Exposición das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega organizada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia.
- 11:00h Exposición fotográfica: "Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia, testemuño en imaxes da historia recente da única raza porcina autóctona galega" organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta - ASOPORCEL.
- 11:00h Exposición exemplares da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta - ASOPORCEL. 1
- 1:00h-13:00h Prácticas de valoración morfolóxica dos exemplares do XV Curso de Xuíces da Raza Rubia Galega organizada por ACRUGA
- 11:00h-14:00h Valoración dos exemplares do V Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta - ASOPORCEL.
- 11:00h-14:00h Valoración das aves do VIII Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos organizado pola Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos - AVIMÓS.
- 11:00h-20:00h Curso de formación para xa inscritos de Capacitación en materia de benestar animal para conductores de transporte de animais vivos organizado por FOAGRO de la Xunta de Galicia
- 11:30h-12:15h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Novidades en lexislación vixente sobre medicamentos e outras normativas por Ana Jamardo, veterinaria de ADSG ACIVO. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.
- 12:15h INAUGURACIÓN EXPOLUGO A RURAL 2023
- 12:45h-13:15h Exhibición cans para pastoreo e manexo de gando organizado por Acapagal e Ovica. 1
- 2:30h-14:30h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Nematodos gastrointestinais do gando ovino en Galicia. Estratexias de control sostibles por Marta González, doutora en veterinaria e investigadora do Laboratorio de Parasitoloxía do CIAM - Xunta de Galicia. Organizado por
- OVICA e ADSG ACIVO.
- 13:00h Entrega de diplomas e clausura do XV Curso de Xuíces da Raza Rubia Galega organizada por ACRUGA
- 16:30h-17:30h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Situación actual da Lingua Azul, por Gonzalo Fernández, doutor en veterinaria, profesor da Área de Sanidade Animal da USC e decano da Facultade de Veterinaria. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.
- 18:30h Exhibición cans para pastoreo e manexo de gando organizado por Acapagal e Ovica.
DOMINGO 8
- 11:00h Exposición das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega organizada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia
- 11:00h Exposición fotográfica: "Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia, testemuño en imaxes da historia recente da única raza porcina autóctona galega" organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta - ASOPORCEL.
- 11:00h Exposición exemplares da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta ? ASOPORCEL.
- 11:30h Charla divulgativa, taller de debuxo e xogos organizado polo Club Raza Can de Palleiro
- 12:00h Coñecendo o cabalo PRG organizado pola Asociación de Criadores de cabalo de Pura Raza Galega - PURAGA
- 17:00h Entrega do Premio Promesa do ano e Femia do ano organizado polo Club Raza Can de Palleiro
- 17:00h Coñecendo o cabalo PRG organizado por PURAGA (45 min)
- 17:30h Recoñecemento ós colaboradores destacados organizado polo Club Raza Can de Palleiro
- 18:00h Entrega de premios do V Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta - ASOPORCEL.
- 18:30h Entrega de premios do VIII Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos organizado pola Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos - AVIMÓS.