Estos son los 24 conciertos del Festival de Jazz de Lugo

la voz LUGO

LUGO

Actuación en el Festival de Jazz de Lugo, en el 2010, del saxofonista Joe Lovano
Actuación en el Festival de Jazz de Lugo, en el 2010, del saxofonista Joe Lovano OSCAR CELA

La cita musical, que llega a su 33 edición, se celebrará entre los días 3 y 19 de noviembre

02 nov 2023 . Actualizado a las 11:39 h.

Del 3 al 19 de noviembre tendrá lugar la 33 edición del Festival de Jazz de Lugo, que se viene celebrando cada mes de noviembre, ininterrumpidamente, desde el año 1991 y que se ha convertido en los últimos años en uno de los principales hitos culturales de Lugo ciudad

La edición de este año contará con 24 conciertos, dando cabida, tanto a estrellas y grandes figuras internacionales como a nuevos valores del mundo del jazz y, como no, a representantes del mejor jazz estatal y gallego. 

El festival está organizado por la Asociación de Amigos del Jazz Escobijazz, un colectivo de lucenses unidos por su afición por esta música y que se constituye como asociación cultural en el año 1990. 

Los conciertos del 33 Festival de Jazz de Lugo se celebrarán en el Círculo de las Artes (Escenario 1906), la Casa do Saber de la USC y el Club Clavicémbalo. Este es el programa por escenarios:

Círculo das Artes-Escenario 1906

  • Jueves 9 de noviembre:. 20.30 horas. Mike Stern Band featuring Dennis Chambers, Leni Stern, Bob Franceschini & Lincoln Goines 
  • Viernes 10 de noviembre. 20.30 horas Emmet Cohen Trío 
  • Sábado 11 de noviembre. 20.30 horas. Shai Maestro Quartet 
  • Miércoles 15 de noviembre. 20.30 horas Camille Thurman & The Darrell Green Quartet 
  • Jueves 16 de noviembre. 20.30 horas. Baldo Martínez Sexteto “Música Imaginaria“ (Entrada gratuita) 
  • Viernes 17 de noviembre. 20.30 horas. Javi Ruibal Cuarteto 
  • Sábado 18 de noviembre. 20.30 horas. Gran Canaria Big Band 

Club Clavicémbalo

  • 3 de noviembre. 22:30 horas. Wealman
  • 4 de noviembre. 22:30 horas. Ton Risco & Marcos Teira / Irati Bilbao Quartet
  • 8 de noviembre. 22:30 horas. Rembrandt Trio (Países Baixos)
  • 9 de noviembre. 22:30 horas. TT Syndicate (Portugal)
  • 10 de noviembre. 22:30 horas. Amoeba Split / Kike Perdomo Quintet
  • 11 de noviembre. 22:30 horas. Límbico / Demo Rumudo
  • 14 de noviembre. 22:30 horas. Proxecto 1800
  • 15 de noviembre. 22:30 horas. Jorge Tojeiro Octet
  • 16 de noviembre. 22:30 horas. Grant Stewart & Jim Rotondi “West Coast Tribute“
  • 17 de noviembre. 22:30 horas. Gabriela Suárez Jazz Singer
  • 18 de noviembre. 22:30 horas. Juan Saiz Cuarteto / Gabriela Suárez Jazz Singer 

Casa do Saber (USC)

  • 14 de noviembre. 20:00 horas. Irene Reig Trío (Entrada gratuita)

Las entradas para asistir

Para los conciertos en el Círculo de las Artes-Escenario 1906, el precio será de 15 euros. La venta de entradas será en la caseta del festival en la Praza Maior (frente al Círculo de las Artes) a partir del día 3 de noviembre a las 12.30 horas. La venta de entradas por internet en www.Notikumi.com a partir de las 18.00 horas del día 24 de octubre. Más información en: www.jazzlugo.com

Reseñas de los principales artistas del festival

La organización informa sobre las grandes figuras del jazz internacional que participarán en los escenarios del Festival de Jazz de Lugo. Estas son las reseñas (en gallego) sobre cada artista. 

MIKE STERN BAND featuring DENNIS CHAMBERS, LENI STERN, BOB FRANCESCHINI & LINCOLN GOINES

Nacido o 10 de xaneiro do 1953, Mike Stern creceu en Washington DC e asistiu ao Berklee College of Music de Boston. Cando tiña vinte e dous anos, fíxose membro de Blood, Sweat & Tears e pasou tres coa banda. Despois traballou co batería Billy Cobham e, máis adiante, con Miles Davis de 1981 a 1983, e, de novo, no 1985. A partir desa altura, iniciou carreira en solitario e editou máis dunha ducia de álbums.

Mike Stern
Mike Stern

Stern foi nomeado mellor guitarrista de jazz do1993 pola revista Guitar Player. No Festival Internacional de Jazz de Montreal, en xuño do 2007, recibiu o Premio Miles Davis, creado como recoñecemento a artistas de jazz de sona internacional cuxo labor contribuíse dun xeito manifesto á renovación do xénero. Stern figura na lista Down Beat dos setenta e cinco mellores guitarristas jazz de tódolos tempos. Recibiu o Premio Certified Legend da revista Guitar Player o 21 de xaneiro do 2012.

EMMET COHEN TRIO

Aos seus trinta e un anos, o polifacético pianista e compositor de jazz estadounidense Emmet Cohen é unha das figuras fundamentais da súa xeración en tódalas artes relacionadas coa música. Downbeat (publicación norteamericana especializada) eloxiou o «toque áxil, o paso mesurado e o cálido vocabulario harmónico» que emprega para comunicarse cos músicos e co público, no que el describe «o nivel máis profundo de humanidade e individualidade».

Emmet Cohen
Emmet Cohen

No 2019 obtivo o primeiro premio nos American Pianists Awards e foi incluído como membro (Cole Porter Fellow) da American Pianists Association na modalidade Jazz.

Finalista do Concurso Internacional de Piano Thelonious Monk 2011, participou nos principais festivais jazz internacionais e brillou nos escenarios Rose Hall do Lincoln Center, Kennedy Center de Washington e nos máis importantes clubs de jazz do mundo con bandas de seu.

 Durante moitos anos foi tecladista residente de Hammond B-3 no club de jazz SMOKE en Harlem, Nova York. Durante o confinamento pola pandemia COVID19 creou Live From Emmet's Place, unha transmisión en directo semanal que recibiu millóns de visitas en Internet por todo o globo terrestre.

SHAI MAESTRO QUARTET

Tras descubrilo neste noso Festival alá polo 2008, como membro do trío do contrabaixista Avishai Cohen, o pianista israelí Shai Maestro regresa con seis discos editados como líder e convertido nun moi afamado compositor, alén de referente mundial no seu instrumento. Residente en Nova York, a súa carreira á fronte dunha banda iniciouse no 2012 con saxofonistas como Chris Potter, Joshua Redman, Ben Wendel e o batería Ari Hoenig.

No 2018 gravou o seu primeiro disco co selo ECM. Describíase, por aquel entón, a música de Maestro como «cinemática, narrativa, meditativa e sensual, con reminiscencias folclóricas, sempre lírica en calquera caso, tanto nos tempos máis lentos como nas pezas máis rápidas». Maestro volve agora con dous compactos máis, para ECM, debaixo do brazo; ámbolos dous, The Dream Thief e Human, reafirman ao músico israelí entre os grandes pianistas da súa xeración. Se o primeiro o asinaba a trío, cos seus fieis Jorge Roeder ao contrabaixo e Ofri Nehemya á batería, no segundo aparece en formación de cuarteto, co engadido da trompeta marabillosamente poética de Philip Dizack, quen se integra no trío de Maestro dunha maneira única. Toda a crítica internacional concorda: Human é, sen dúbida, un dos magnos discos da década.

Camille Thurman
Camille Thurman

Camille Thurman & the Darrell Green Quartet

Camile Thurman, estrela emerxente orixinaria de Nova York, foi precisamente así nomeada, no que atangue a saxo tenor e voz, pola revista Downbeat (2022).

Baixo a tutela doutra saxofonista, Tia Fuller, descubría a outra faceta pola cal ha ser recoñecida e respectada internacionalmente: a de cantante. Queda finalista no concurso vocal internacional Sarah Vaughan no 2013. Os seus propios álbums: Origins (2013), Spirit Child (2014), Inside the Moment (2017) e Waiting for the Sunrise (2019), unha colección de estándares e composicións orixinais, demostraron as súas habilidades de cantante e instrumentista incriblemente dinámica.

Distínguese por ser unha intérprete extraordinaria igualmente como parte da Jazz at Lincoln Center Orchestra de 2018 a 2020 e participa en festivais notables de todo o orbe, incluídos The Kennedy Center, Rose Theatre, Winter Jazz Fest e The Colbert Show.

Nesta ocasión Camille asociouse con Darrell Green, un batería experimentado de Nova York e un rítmico inventivo que estivo de xira e gravou con inspirados bichos do lume jazz: Cassandra Wilson, Pharoah Sanders, Dr. Lonnie Smith, Antoine Roney, Charles Tolliver, Steve Turre, Wallace Roney, Wayne Escoffery, Russell Malone e Jeremy Pelt.

Baldo Martínez Sexteto
Baldo Martínez Sexteto

BALDO MARTÍNEZ SEXTETO. “MÚSICA IMAGINARIA”

 Na súa edición de 2023 o Festival de Jazz de Vitoria outorgou carta branca ao músico galego Baldo Martínez para crear e desenvolver unha composición concibida como viaxe polo seu universo musical, desde o folklore máis arcaico ata a libre improvisación no seu estado máis puro, pasando polo jazz contemporáneo europeo. Música imaginaria estreouse en Vitoria coincidindo coa inauguración dos concertos en Mendizorrotza. O espectáculo, pensado para o Festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz, que podemos gozar no Festival de Jazz de Lugo e que terá continuidade proximamente no Auditorio Nacional, valoriza o espazo fantástico das persoas, e, moi particularmente, dos músicos. «A imaxinación é o motor de todo o que creamos co son: a música». Para interpretar esta obra, Baldo Martínez rodeouse de seis destacados instrumentistas da escena jazzística española e portuguesa: Joâo Barradas, Andrés Coll, Julián Sánchez, Juan Saiz e Lucía Martínez.

Música imaginaria está inspirada en distintas correntes da vangarda jazz. Por unha banda, a norteamericana, con puntos de referencia como Tim Berne, Sylvie Courvoisier & Mark Feldman e a meirande parte do movemento arredor da figura de John Zorn. Por outra, correntes europeas do jazz contemporáneo nas que se encadrarían, por exemplo, os últimos traballos do batería suízo Daniel Humair, nos que o acordeón adquire grande importancia ao igual que en Música imaginaria e que constrúen unha ponte entre a música tradicional/folklórica e a música contemporánea.

 JAVI RUIBAL CUARTETO

Javi Ruibal é un dos instrumentistas e compositores máis prometedores da escena jazz española. É batería en particular e percusionista en xeral de jazz, flamenco e músicas do mundo, ademais de compositor de toda a súa música. Nos últimos dous anos xirou por España e México presentando o seu primeiro traballo discográfico, Solo un mundo, o cal obtivo o recoñecemento dos Premios MIN 2020 como un dos mellores discos de world music.

Ao longo da súa boa carreira, Javi, por forma de vida, soubo absorbe-la esencia da música e aínda a sabedoría daqueles cos que foi compartindo profesión. Entre eles destacan: Glazz (2008-2017), Javier Ruibal, Dorantes, Kiko Veneno, Renaud García Fons, Taksim Trio, Marina Heredia, Munir Hossn, Farruquito, Tim Ries, Carmen Linares, Adam Ben Ezra, Leonor Leal, Úrsula López, Rozalén, Manuel Machado, Federico Lechner, Rafael Riqueni, Jorge Pardo, Raúl Rodríguez, Theodossi Spassov, Patax e Manuel Molina.

GRAN CANARIA BIG BAND

A Gran Canaria Big Band converteuse nunha das formacións máis relevantes de España na súa especialidade. Desde que se fundara no 1997 realizou máis de 75 proxectos, entre outros, novos repertorios, concertos, programas escolares, xiras e traballos discográficos. Así mesmo, logrou conectar con artistas de talle internacional que contribuíron a coloca-la Gran Canaria á altura das más prestixiosas big bands: Kurt Elling, Paquito D'Rivera, New York Voices, Perico Sambeat, Sole Giménez, Jamie Davies ou Deborah Carter.

O repertorio da banda é moi amplo e abrangue tódolos xéneros, ofrece desde adaptacións de boleros ata os máis sofisticados arranxos de hard bop, amecendo a isto pezas feitas expresamente para ela. A súa reputación chega máis alá das nosas fronteiras e escoitase a súa música en moitos países dos cinco continentes.

REMBRANDT TRIO (Países Bajos)
REMBRANDT TRIO (Países Bajos)

REMBRANDT TRIO (Paises Baixos)

Os neerlandeses Rembrandt Trío volven a España e pasarán por Madrid, Lugo, Xixón, Valencia e Málaga para mostra-lo seu singular espectáculo.

A formación nace hai quince anos e dende os seus comezos xulgouse unha das máis afamadas no jazz dos Países Baixos. Goza de prestixio internacional pola súa curiosidade artística e innovadoras colaboracións, sempre á procura da vangarda jazz, e emprega a súa paixón por este xénero, amais pola música clásica e a de Oriente Medio, para crear formas e sons que resultan profundamente novos á vez que universalmente atractivos. O trío actúa a maior parte das veces fóra do seu país de orixe; unha das súas actuacións máis especiais foi o concerto dobre canda o de Chick Corea no lendario club de jazz Ronnie Scott en Londres. Non quedou moi atrás o concerto inaugural do Taichung Jazz Festival en Taiwan para vinte e cinco mil entusiastas.

GRANT STEWART & JIM ROTONDI “WEST COAST JAZZ”

O saxofonista Grant Stewart e o trompetista Jim Rotondi son dous músicos referenciais do jazz das últimas décadas. As súas traxectorias leváronos a tocar nos escenarios máis importantes do jazz internacional e as súas obras discográficas e formacións lideradas son a mellor mostra do seu talento como músicos. Xuntos ocúpanse agora nunha banda que rende homenaxe ao jazz de estilo West Coast, unha tendencia histórica pero absolutamente vixente nos nosos días, unha maneira de facer música que propiciou unha relaxación das vertixes do bebop neoiorquino. Acompañados por unha sección rítmica de luxo, estes dous mestres conducirannos a unha viaxe polos sons dun estilo do que un día se dixo que renunciaba «a algún dos achados do bebop, especialmente na pulsión do ritmo e na forma de aborda-los arranxos».

TT SYNDICATE (Portugal)
TT SYNDICATE (Portugal)

TT SYNDICATE (Portugal)

Cun son sofisticado e rabioso, a música de TT Syndicate transpórtanos do Mardi Gras de Nova Orleáns ao Wigan Casino británico, do Sands Hotel das Vegas ao corazón negro de Detroit: incrible viaxe musical regada cun explosivo cóctel que mestura a elegancia das big bands, o desenfreo do northern soul, o espírito festivo do dixieland e a vibrante emoción do merseybeat dos 60.

Destaca a banda portuguesa en contar cun dos directos máis arrasadores que podemos atopar… TT SYNDICATE é capaz de levantar un furacán sonoro que arrastra a todo aquel que se pon no seu camiño, cuspindo no medio da pista de baile, embriagado por un irrefreable arrebato. Un fastuoso espectáculo cheo de alma e ritmo no que as suntuosas guitarras e os abrasivos metais farán que o tempo se deteña nunha eterna celebración de festa e diversión.