
O concerto será o 8 de agosto na igrexa
08 jul 2024 . Actualizado a las 12:55 h.Xoves 8 de agosto • 20.00 horas • Igrexa Monasterial de Santa María de Meira • Entradas desde 22 euros en www.xabierdiaz.com e na Oficina de Turismo de Meira •
A xira Axúdame a sentir, de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, chega a Meira en agosto cun concerto especial.
Coñecido pola súa habilidade para reconverter pezas tradicionais buscando a súa propia versión das mesmas, Díaz mantén o seu compromiso coa cultura galega e a súa capacidade para conectar co público de todas as idades. Axúdame a sentir é o cuarto disco da carreira en conxunto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Con el, e tras case dez anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.