A tradicional romaría, que se celebra durante o 8 e 9 de setembro, non perde o atractivo das súas multitudinarias misas con procesión, que teñen lugar a varias horas durante os dous días
08 sep 2024 . Actualizado a las 15:24 h.A romaría do Cebreiro levase celebrando dende tempos inmemoriais. Igual non coma ahora, cun cartaz que o anuncia, pero a tradición de subir camiñando coa ofrenda a Virxe dos Milagros é algo que trascende xeración tras xeración. Aínda que o día festivo na localidade é o 9 de setembro, o domingo 8 a aldea encheuse de locais e foráneos que se achegaron a escoitar misa, ver a procesión e pasear polo longo mercado que recorre a estrada. Tamén se deixaron ver, coma en calquera outra romaría, aqueles que apostaron por subir coa merenda e comela ao aire libre e coas vistas ás montañas de Os Ancares no Cebreiro.
En canto ao programa, ademais das misas, o día 8 a partir das 20:00 hai baile co grupo Expresión. O día 9, tamén a partir das 8, tamén baile co grupo Lume e coa colaboración especial do cantante Miguel Torres.
O HORARIO DE MISAS
Os dous días hai misa pola mañá as 9:00, as 10:00, as 11:00, as 12:00 e as 13:00. Esta última é a «misa grande» e ao seu remate sácase a procesión con música. Pola tarde os dous días hai misa as 17:00, as 18:00 e as 19:00.