Val de Francos quenta motores para o seu singular entroido: a loita pola tradición a través da diversión e a gastronomía
LUGO
A cita, que terá lugar o 4 de marzo, conta cunha ampla programación cultural, ademais dunha interesante oferta gastronómica con identidade local. Está organizado pola asociación cultural Val de Francos e engloba as parroquias de Ansemar, Balmonte y Goberno, en Castro de Rei
21 feb 2025 . Actualizado a las 16:08 h.La asociación cultural Val de Francos, de Castro de Rei, presentó este jueves en el Castro de Vilandoga su gran Antroido. Una cita que se celebrará el próximo 4 de marzo y para la que las parroquias de Ansemar, Balmonte y Goberno preparan sus mejores disfraces. Se trata de un evento popular que combina tradición, gastronomía y conservación del patrimonio. Además, conserva el legado patrimonial del tradicional Antroido de Val de Francos.
La programación incluye sermón, queima do entroido, juegos, actividades infantiles, degustación gratuita de productos de razas autóctona en diferentes recetas, sorteo de regalos, música y puestos de venta de filloas. Os asistentes poderán degustar un menú formado por croquetas de galo da raza Mos e fabas de Lourenzá con galiña de Mos, elaboradas e servidas pola asociación de criadores da raza Galiña de Mos Avimós, en colaboración coa granxa Chousa do Lea representada por José Zapata.
Tamén se servirá arroz meloso de castañas, boletus e solombo de Porco Celta e lentellas estofadas con panceta e chourizo de porco celta, elaboradas polo cociñeiro Álex Méndez, con produtos dos criadores de porco celta Fernando Saavedra e Pepe Veiga, socios de Asoporcel.
A deputada de Cultura, Iria Castro, que participou na presentación do programa destacou «o valor que desde a vicepresidencia da Deputación damos ao mantemento de tradicións como este Antroido de Val de Francos que xunta a celebración coa salvagarda e a conservación do noso patrimonio inmaterial» e felicitou á organización e á veciñanza por continuar a cadea de transmisión deste legado cultural.
Nese contexto, enmarcou a colaboración Deputación na organización a través de diferentes iniciativas. A máis destacada é a recuperación e dixitalización do cartel realizado por Xosé Vizoso para a Antroido de 1993, unha obra moi lembrada pola veciñanza da que apenas se conservaban exemplares.