Unha foliada chea de actividades animará a ponte de decembro en A Fonsagrada
A FONSAGRADA
Haberá concertos, bailes, literatura, artesanía, cine, roteiros e homenaxe a Florencio dos Vilares e Modesta de Noceda
11 nov 2021 . Actualizado a las 13:46 h.Días 3, 4 e 5 de decembro • A Fonsagrada •
Unha foliada cargada de actividades animará na Fonsagrada a primeira fin de semana de decembro, coincidindo coa ponte. Trátase dunha iniciativa, impulsada pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo, coa que buscan poñer en valor o patrimonio material e inmaterial e a cultura da comarca.
Nesta sexta edición renderase homenaxe a Florencio dos Vilares e a Modesta de Noceda.
O programa da foliada é o seguinte:
Venres 3
· 11.00h. Roteiro polas montañas. Muín do Penallo e Castro de Castañoso
· 21.30h. Cea
Sábado 4
· 11.00h. Apertura da Foliada e homenaxe a Florencio dos Vilares e Modesta de Noceda. As cegas de Ouselle
· 11.00h. Apertura da feira de artesanía
· 12.00h. Presentación do proxecto Avareira
· 12.00h. Pasabares. Kalandracas, A Musicleta
· 16.30h. Cine na Vila. Sergio da Veiga, O que queda de Nós
· 17.00h. Obradoiro de baile tradicional. Rebeca Tallón
· 18.15h. Ao son da lareira. Apatacón
· 19.30h. Cantos de taberna
· 22.30h. Concertos. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Galicia Fiddle, Os D’Abaixo
· 2.40h. Concertos da Arrancadeira. Habelas Hainas
Domingo 5
· 11.00h. Obradoiro sobre Florencio dos Vilares. Gutier Álvarez
· 13.00h. Vermú Polavileiro. Os Vellos Mestres, Monteavaro, Muñalén & Amigos
· 18.00h. Presentación do libro O Toque Pechado
· 20.00h. Concertos da Arrancadeira. Fransy, Davide e Cibrán
· 22.00h. Butelada popular
Sorteos
Por outra banda, desde a organización sortearán dous «packs polavileiros», formados por unha camisola, un ecovaso, unha chapa, ToteBag, butelada e participación da cesta. Os interesados en participar deberán seguir a páxina de Facebook «Foliada da Fonsagrada», mencionar na publicación do sorteo a dúas persoas e compartir a publicación. O prazo para participar remata o 27 de novembro.