Luis González, o cura lucense que leva case 60 anos exercendo: «Fixen os bancos de catro das miñas igrexas»

María Quelle / M. C. LUGO/ LA VOZ

A FONSAGRADA

Luis González durante a homenaxe do 19 de agosto
Luis González durante a homenaxe do 19 de agosto MANUEL

O pasado 19 de agosto acudiron arredor de 300 persoas á parroquia de Paradavella para celebrar unha homenaxe ao sacerdote

23 ago 2023 . Actualizado a las 17:54 h.

Luis González (1937, Penarrubia, Baralla) quería dedicarse a Igrexa dende neno. A día de hoxe, traballa en sete parroquias da Fonsagrada aínda que a súa traxectoria profesional levouno por moitos lugares. Nun comezo había 26 curas para toda a zona; porén, agora son tres os que se dedican a manter viva a Igrexa. 

-Onde estudou para formarse?

- Primeiramente estudie na escola da parroquía de Penarrubia. Cando xa tiven a idade necesaria, marchei para estudar no Seminario de Lugo.

-En qué parroquías traballa na actualidade?

-A miña traxectoria profesional é bastante longa [risas]. Cando rematei os estudos no seminario, marchei traballar ao Courel, en concreto a Meiraos. Alí estiven 26 meses. Tras esa tempada mandáronme a Fonsagrada para traballar nas parroquías de Piñeda e Bruicedo. No ano 1979 estiven en San Xoan de Paradavella e en San Lorenzo da Bolada. Máis adiante trasladeime ás parroquías de Pacios, Bastilla e Vieiro, onde estiven dez anos. Para finalizar, foi no ano 2017 cando me deron a oportunidade de ser o sacerdote de San Pedro del Río, San Julian de Freixos e Santiago de Córneas, entre moitas outras.

-Qué lle gustaría facer nos próximos anos a nivel profesional e persoal?

-Principalmente, estar nas parroquias, atender aos enfermos, aos nenos e á xente maior. Quero que a xente siga contando conmigo para oficiar enterros e celebrar as misas os domingos. Por outra banda, sempre me gustou a carpintaría. De feito, fixen os bancos de catro das miñas parroquias, gústame pasar o meu tempo libre coa madeira.

-E viaxar?

-Agora xa son maior [risas], teño 86 anos, mais fun a catro vaixes cos vellos. Fomos a Tenerife, Peñíscola, Ibiza e Benidorm. O único lugar ao que vou na actualidade é a peregrinación a Lourdes, a que levo facendo dende hai 20 anos.

-Ten algún pasatempo a maiores da carpintaría?

-Cando era novo gustábame ir cazar e pescar, pero agora xa non o fago.

-Pensou en trasladarse a novas parroquias dende que lle ofreceron no 2017 as sete que leva actualmente?

-Tiven a opción de cambiarme, pero non quixen. Cando cheguei a estas parroquias, a maior parte delas estaban en ruínas, tivemos que restaurar moitas cousas. En moitas delas non había nin pistas, só estradas comarcais. Agora que ese traballo esta feito e lle teño moito cariño aos fregueses non quero marchar, quero estar cómodo. Estas parroquias son o meu fogar, coñezo a toda xente por nome e apelidos e incluso o número de carnet de moitos [risas].

-Nas parroquias da Fonsagrada hai sancristáns?

-Nalgunhas si. De feito, en Piñeira conto coa axuda de Luis López e en San Pedro do Río está Juan Carlos Fernández. Onde traballo tan só están eles dous, pero sempre contamos coa axuda das mulleres das parroquias na igrexa. Entre uns e outros apañámonos.

-Cómo se coordinan os curas da Fonsagrada?

-Cando eu cheguei aquí, eramos 26 curas, a día de hoxe só quedamos 3. Imos axudándonos os uns aos outros no que faga falta. Se un non pode acudir a un enterro, vai outro.

-Pensou estudar outra cousa antes de acudir ao seminario?

-Na familia eramos catro irmáns e non podían estudarnos a todos. Nun comezo foi a miña irmá, mais chegou un día á casa e dixo que non quería estudar. Os meus pais preguntáronme se quería ir eu e a verdade fun moi feliz. Non tiven que pensalo, facíame moita ilusión ir ao seminario. En ningún momento quixen estudar ningunha outra carreira que non fose a de cura, gustoume dende neno. 

 -Percibe un cambio na relación da xente coa Igrexa en comparación con hai 20 anos?

-Sen dúbida ningunha. Onde máis se nota e na xente nova, apartouse moito da igrexa. A xente maior continua acudindo, pero os novos xa non se preocupan disto.

-É a primeira vez que lle organizan unha homenaxe?

-Practicamente sí. Tiven as vodas de ouro entre os compañeiro varias veces, pero foi todo no seminario. Aquelas festas eran máis sinxelas, este estivo moi ben.

-Foi unha sorpresa ou vostede non tiña nin idea?

-Sorpresa non foi, avisáronme fai 3 o 4 meses de que querían organizalo o 19 de agosto. A homenaxe foi por todos os anos que levababa na parroquía, un amigo que vive en Madrid propuxoo e empezou a organizar todo. 

-Cómo foi a homenaxe?

-Foi un día moi bonito. Tivemos unha misa as 13:00 horas celebrada por catro compañeiros sacerdotes e ata quedara de vir o bispo. Ao final excusouse e non mandou ningunha presentación do clero, nese sentido non me gustou. A pesar diso, celebramos unha gran comida onde eramos arredor de 288 persoas entre pequenos e grandes. Veu xente de todas as parroquias nas que traballo e incluso xente de algunhas nas que non, tamén acudiron os alcades de Fonsagrada e de Baleira.