Os alcaldes da Vía Künig avanzan na promoción deste itinerario xacobeo

la voz LUGO

AS NOGAIS

Reunión nas Nogais dos alcaldes polos que atravesa a Vía Kúnig
Reunión nas Nogais dos alcaldes polos que atravesa a Vía Kúnig CEDIDA

Os rexedores confían en conseguir que a Xunta o recoñeza oficialmente como unha ruta a Santiago

24 may 2021 . Actualizado a las 20:37 h.

Alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que transcorre a Vía Küning (Lugo, As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo) reuníronse este mediodía nas Nogais para avanzar nas melloras deste camiño de peregrinaxe co fin de poñer en valor esta ruta. 

Neste encontro déronse novos pasos segundo o marcado polo convenio asinado o pasado ano co fin de acadar unha maior proxección deste itinerario, unha variante medieval do Camiño Francés ao seu paso pola provincia, que aspira a ser recoñecido oficialmente como roteiro xacobeo. 

Na reunión, celebrada no concello de As Nogais, se acordou nomear como presidente da comisión de seguimento deste convenio ao alcalde de As Nogais, Jesús Núñez, e ao historiador e director do proxecto, Javier Gómez Vila, como director técnico do mesmo. 

A través deste convenio se impulsarán actuacións especialmente importantes para a posta en valor desta vía, como a creación da cartografía dos traxectos. Tamén se acometerá a limpeza dos mesmos e reforzarase a súa promoción. 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lembrou que «esta colaboración será o eixo coordinador de todas as iniciativas en torno a Vía Künig, pero servirá, ademais, para fomentar o seu estudo e investigación co fin de avanzar na recuperación deste itinerario xa que a riqueza natural, cultural e patrimonial que posúe será un revulsivo económico para todos os concellos».