
Investirá 48.000 euros para preparar un terreo na área fluvial
31 oct 2018 . Actualizado a las 10:40 h.A Deputación de Lugo inviste 48.000 euros para dotar á área fluvial de Baralla dun aparcamento de autocaravanas. Así o avanzou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, que explicou que o executivo provincial aprobou en xunta de goberno estes fondos cos que mellorar terreos municipais nos que, posteriormente, se construirá un espazo habilitado para autocaravanas.
Santos Ramos destacou que «a través desta axuda, o que buscamos é impulsar e poñer en valor turisticamente o Concello, co fin de aproveitar todo o patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca. Este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes á nosa provincia, promovendo a xeración de riqueza e a desestacionalización do turismo na provincia».
Neste senso, o deputado lembrou que o Concello está notando un incremento do número de turistas debido á que se atopa unha variante do Camiño de Santiago, a Vía de Künig, que colectivos coma Patrimonio dos Ancares, levan tempo traballando para a súa oficialización.
As actuacións consistirán na mellora da base do firme para a futura construción dun párking de auto caravanas. Deste xeito, as actuacións consistirán na adecuación dun espazo de 2.310 m2, que se acondicionará con zahorra de 20 centímetros. Ademais, e para conseguir un desaugue natural, daráselle pendentes cara o centro da parcela. Logo dos traballos no firme, prevese a preinsitación do alumeado público, abastecemento de auga potable, e electricidade para dar servizo en futuro ás distintas parcelas que conformarán o párking.