Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Patrimonio dos Ancares e Val de Torés organizan unha ruta de Torés a Becerreá

La Voz

BECERREÁ

M. MARRAS

O obxectivo é impulsar a variante do Camiño Francés polos Ancares

15 nov 2017 . Actualizado a las 14:21 h.

Sábado 18 • Saída ás 10.30 do Castelo de Torés •

O Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Val de Torés organizan para este sábado unha ruta desde Torés ata Becerreá para dar a coñecer e que se recoñeza por parte da Xunta a variante do Camiño Francés polos Ancares. O itinerario, duns 15 quilómetros, percorrerá Ferreiros de Valboa, O Freixo, Eixibrón e Herbón.

Segundo explica o historiador Xabier Moure, que se recoñeza esta ruta de peregrinación a Santiago -que xa é citada no século XII nos documentos do mosteiro de Penamaior-, «ademais de recuperar unha tradición perdida ao menos dende o século XIX, pode axudar a dinamizar cultural e economicamente os concellos por onde pasa».