Begonte celebra os maios cunha foliada este sábado

Laura López LUGO / LA VOZ

BEGONTE

Branca Villares guiará a confección dun maio
Branca Villares guiará a confección dun maio cedida

Haberá actividades para todas as idades

29 may 2024 . Actualizado a las 10:17 h.

Sábado 1 • 18.30 horas • Local da Asociación Veciñal do Castro (Begonte) • 

Castiñeiro Milenario organiza unha Foliada de Primavera este sábado para celebrar os maios. A actividade comezará cun paseo para apañar flores, fentos e xestas para facer un maio bonito e xeitoso. Dirixidos por Branca Villares, confeccionarase un maio e cantaranse algunhas pezas arredor del: nenos, nenas e maiores xuntos para dar a benvida á primavera de dicir adeus ao inverno. Despois haberá uns petiscos para comezar a foliada.

A partir das nove da noite comezará a festa cos grupos Proxecto Consoante, Treitoria e Mestura de Nete. Para rematar, haberá foliada aberta, polo que convidan a quen o desexe a levar o seu instrumento e participar.