Castro de Rei xa ten a meda preparada para a súa tradicional Festa da Malla
CASTRO DE REI / LA VOZ
CASTRO DE REI
Os veciños deixaron este domingo o centeo amontoado, ao xeito máis tradicional, para a celebración da XXI Festa da Malla o domingo 19
12 ago 2024 . Actualizado a las 12:51 h.Castro de Rei é pioneiro na recuperación das mallas como festa etnográfica. A súa Festa da Malla, organizada pola Asociación Amigos da Feira, chega con esta edición aos 21 anos. Celébrase en tres xornadas diferentes, dedicadas ás diferentes fases deste traballo agrario: a sega, a meda e a mella.
Este domingo tocou a segunda, a preparación da meda, na que os participantes amontoaron o centeo xa segado, á espera da separación do gran da palla, que será o vindeiro domingo 18. Fixérono ao xeito máis tradicional, recordando como era antigamente.