A Deputación ofrece máis de 115 prazas
13 feb 2018 . Actualizado a las 10:54 h.A Deputación de Lugo presentou o programa de actividades de balde para a Reserva da Biosfera dos Ancares. O deputado Argelio Fernández Queipo explicou que poderán participar máis de 115 persoas de todas as idades, en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Os interesados poden inscribirse a partir de mañá ás 12.00 horas en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812.
BECERREÁ. Centro de Servizos Sociais do Concello:
· Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores 7 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.
· Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas para adultos.
CERVANTES. CPI de Cervantes:
· Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores 28 de febreiro, 16.00-19.00, e mércores 7 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.
· Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores 14 de marzo, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.
NAVIA DE SUARNA. Escola de Barcia:
· Obradoiro de herbas máxicas para a fabricación de ungüentos. Mércores, 21 de febreiro, 16.00-20.00. 20 prazas adultos.
· Obradoiro de arxila para nenos. Venres 30 de marzo, 16.00-20.00. 15 prazas para nenos.