Friol xa conta cun novo BIC, un petróglifo no paseo fluvial

la voz LUGO

FRIOL

Petroglifo en el paseo fluvial de Friol
Petroglifo en el paseo fluvial de Friol patrimonio dos ancares

A Xunta comunicoullo ao Colectivo Patrimonio dos Ancares, quen deu o aviso hai uns anos da súa aparición, e ademais Patrimonio cataloga unha pedra histórica en Martul, Outeiro de Rei

17 nov 2022 . Actualizado a las 11:57 h.

O Colectivo Patrimonio do Ancares acaba de informa da inclusión dun novo BIC no municipio de Friol e cunha nova catalogación patrimonial no de Outeiro de Rei. O historiador e membro do colectivo lucense sinala, no cso do achádego friolense, que no ano 2013, o veciño de Friol Diego Viñas observou uns gravados realizados nunha pena granítica situada no paseo fluvial de Friol, moi preto do río Narla.

Integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares achegáronse ata o lugar para comprobar a tipoloxía e de cantos petróglifos se trataba, labor nada doada a simple vista debido á forte erosión das figuras. Despois de varias visitas, utilizando distintas técnicas fotográficas (luz nocturna indirecta e fotogrametrías) realizadas polo compañeiro Alex Negreira, explica Moure, «puidemos verificar que na parte superior e máis lisa da pedra os nosos antepasados de hai uns 4.000 anos insculpiran varias figuras compostas por unha combinación de catro círculos concéntricos con coviña central da que parte un apéndice, unha combinación de tres círculos concéntricos con coviña central, e un círculo simple. Nas inmediacións hai outra pena con oito cazoletas e pías»

Nos anos 2016 e 2021 informaron dos achados ao Servizo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo para que procederan á súa catalogación. E o día 15 de novembro de 2022 recibiron a contestación onde lles comunican que, despois da correspondentes comprobacións, os seus arqueólogos verificaron que, efectivamente, trátase duns petroglifos prehistóricos, asignándolle o código de catalogación GA27020347.

Ao tratarse duns gravados prehistóricos e segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, Moure sinala que pasan a ter a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), gozando dende este momento da máxima protección legal.

No concello de Friol localízanse unhas 40 penas con petroglifos o que o converte nun referente na arte rupestre ao aire libre da provincia de Lugo, tanto pola cantidade como pola calidade dos motivos gravados.

Piedra catalogada en Martul
Piedra catalogada en Martul PATRIMONIO DOS ANCARES

Ben patrimonial en Martul

Tamén lles comunicaron a catalogación dun interesantísimo ben patrimonial en Martul (Outeiro de Rei), solicitude que realizaron no ano 2017. «Trátase dunha pedra reutilizada na casa reitoral onde se ve a representación dunha figura humana de trazos ben definidos que debuxan o corpo, brazos, pernas e cabeza onde se aprecian a boca e os ollos. A tradición oral di que apareceu nunha mámoa, se ben descoñécese en que lugar se atopaba este enterramento. A primeira e única referencia a esta singular peza débese a Guerra Mosquera no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo (1976). Como hipótese por atoparse descontextualizada, quizais representaría a unha divindade feminina espida, unha deusa da fecundidade», explica Xabier Moure.