Fina Casalderrey, pregoeira do Festival de Pardiñas

GUITIRIZ

José Manuel Casal

A festa terá lugar do 4 ao 6 de agosto

29 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 4 ao 6 de agosto • Pardiñas (Guitiriz) •

Fina Casalderrey será a pregoeira do Festival de Pardiñas, que se celebrará entre o 4 e o 6 de agosto. Esta mestra e creadora, membro da Real Academia Galega, ten o encargo de Xermolos de lembrar a Agustín Fernández Paz, do que se fai memoria en Pardiñas. Entre os grupos que actuarán este ano no festival están Fernando Meireles, Bloquinho de Xermolos, Os Melidaos, Quique Escamilla, Kalakan & Luís Peixoto, Cúig, Skandalogz, Vintenbaio, Kote Malabar, Os Viqueiras de Ordes, Abóbriga, Davide Salgado, Yves Lambert Trio e Sacha na horta.