Unha ofrenda floral lembrou esta tarde ao poeta coincidindo co seu cabodano
02 oct 2017 . Actualizado a las 18:35 h.Xosé María Díaz Castro segue a protagonizar homenaxes e actividades que espallan a súa obra, aínda que ao seu labor poético, nos últimos tempos, estáselle a unir a campaña que persegue a restauración da súa casa natal, situado no barrio do Vilariño (Os Vilares). No cemiterio de Guitiriz, esta tarde, celebrouse unha ofrenda floral ao cumprírense 27 anos do seu pasamento, e as actividades continúan.
No Fórum Metropolitano (A Coruña), esta mesma tarde celébrase outro acto dentro da campaña «Salvemos a casa de Díaz Castro», que inclúe a proxección dos spots gravados hai meses e tamén da curtametraxe A chave de Bascuas, dirixida por Bruno Pena. Na Coruña está instalada unha exposición de pintura de Anxo Lamas, que doou material para que se instale na casa do poeta unha vez arranxada; en Lugo, este mes, tamén se presentará a campaña a prol da recuperación da casa.
O inmoble, en mal estado, pertence á Asociación Cultural Xermolos, que promove a consecución de fondos para evitar a ruína do edificio.