Nova edición do premio de poesía Díaz Castro 

GUITIRIZ

O Concello de Guitiriz lembra ao poeta cun certame literario

25 nov 2017 . Actualizado a las 22:39 h.

O Concello de Guitiriz vén de convocar unha nova edición,  xa a terceira, do premio de poesía Díaz Castro. A iniciativa xurdiu como unha das actividades dedicadas a manter viva a presenza do escritor (1914-1990), ao que no 2014 se lle dedicou o Día das Letras Galegas. O premio ten unha dotación de 2.000 euros, e as obras deben mandarse á Casa do Concello de Guitiriz, co 31 de decembro como remate do prazo.

O Concello designará o xurado, no que a corporación terá un represetante. A obra gañadora anunciarase en febreiro, mes no que naceu o escritor, que veu ao mundo na parroquia dos Vilares e está enterrado no cemiterio da capital do concello.