Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Guitiriz expón ata o 21 «Auga. O sangue da terra»

Laura López LUGO / LA VOZ

GUITIRIZ

O grupo de pandereteiras Na casa zoqueiro estivo na inauguración.
O grupo de pandereteiras Na casa zoqueiro estivo na inauguración. CEDIDA

Os visitantes desta mostra fotográfica, con fins solidarios, poden levar alimentos para Cáritas

11 jun 2022 . Actualizado a las 13:28 h.

Ata o día 21 de xuño • Casa Habanera de Guitiriz • De luns a venres de 10.00 a 14.00 e de luns a xoves tamén de 16.00 a 18.00 horas • Entrada libre e gratuíta • 

A exposición Auga. O sangue da terra, obra do fotógrafo Manuel Valcárcel, chega a Guitiriz da man dun convenio entre o Concello e Afundación.

A mostra propón un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos coma Nova Zelandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca lucense do río Lor son recollidos neste proxecto que ten por obxectivo valorar a auga como elemento vital e mostrar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos continentes.

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos», que Afundación leva a cabo en colaboración con Festabal (Federación Española de Banco de Alimentos) e pola que se invita aos visitantes á exposición a que leven alimentos non perecedoiros, que despois serán entregados a Cáritas.