Actos lúdicos, exposicións e actuacións forman o programa deseñado
20 feb 2023 . Actualizado a las 18:19 h.Guitiriz programa catro días de actividades en homenaxe a Rosalía de Castro. O xoves 23 é o Día de Rosalía, pois esa é a súa data de nacemento (1837); porén, os actos de Guitiriz comezan xa o mércores 22 e rematan o 1 de marzo.
A primeira actividade, prevista para este mércores, é a denominada Paraugas da Fala (campo da feira, doce do mediodía). O que está proxectado é un conxunto de actividades lúdicas (encrucillados, sopas de letras e labirintos, por exemplo), ademais dunha lectura de poemas de escritora homeaxeada.
Esa mesma actividade trasládase o xoves 23 ao CEIP Lagostelle. De doce e media do mediodía a unha e media da tarde, está prevista a participación de alumnos e de usuarios do centro que Alume ten na vila.
O xoves 24, na Escola Habanera, inaugúrase a exposición «A miña Rosalía», que se pechará o 17 de marzo. O contido da mostra consiste en debuxos sobre a escritora feitos por alumnos do CEIP Lagostelle e na presentación do libro «Rosalía de Castro: obra poética e manusctritos». Os actos péchanse o o 1 de marzo, coa actuación do grupo de pandeiretas Na casa zoqueiro (campo da feira, doce do mediodía).
Para a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, a programación deseñada polo Concello no só tenta lembrar a data de nacemento de Rosalía de Castro senón tamén espallar dun xeito agradable a súa figura e a súa obra.