Entre os cursos de axuda a domicilio e as festas do colexio

Teresa Batán ANTAS DE ULLA

LUGO CIUDAD

Crónica | Actividades en Antas Mulleres desempregadas da vila ulloana participan nun plan de formación para auxiliar aos maiores, e os nenos disfrutan cos magostos

13 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Na casa de cultura de Antas estase impartindo un curso de axuda a domicilio dirixido a mulleres desempregadas e que ten coma docentes a médicos, asistentes sociais, pisicólogos, terapeutas ocupacionais ou enfermeiros coma Alejandro Pérez. É un curso organizado polo Inludes, o Ministerio de Administracións Públicas e o Concello, dunha duración de 445 horas, que lles vai facilitar ás mulleres desempregadas unha formación necesaria que se terá en conta nas empresas privadas e na Administración pública. Ao remate do curso o Inludes escolle ás mellores para poder continuar a súa formación nesta rama pero todas terán un título oficial grazas ao programa de formación Lugo Sureste subvencionado polo Fondo Social Europeo, co gallo de darlles unha saída laboral ás mulleres. Festa da castaña Por outra banda, no colexio de Antas de Ulla celebrouse o venres pola tarde a festa da castaña, coa degustación das mesmas e xogos populares relacionados con este froito, que foron adaptados por todos os profesores do centro que incluso os bautizaron eles mesmos: Infantil, traga castañas ; primeiro ciclo, a castaña durmida ; segundo ciclo, a castaña bomba , e terceiro ciclo, de culler a culler . Colaboraron tamén ex alumnos do centro que tocan na banda de música de Antas de Ulla temas como A Pantera Rosa .