Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Lugo Patrimonio e o Valle Inclán queren que San Fernando sexa museo arqueolóxico

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

OSCAR CELA

Ambos colectivos culturais lembran que facer un parador no cuartel incumpriría a Lei de Patrimonio

14 dic 2019 . Actualizado a las 18:41 h.

A asociación Lugo Patrimonio sinala que a proposta da Xunta de facer un parador no cuartel de San Fernando «non só vulnera a Lei de Patrimonio senón que é desconsiderada cunha parte da cidadanía e insultante polo que de engano ten a proposta». Este colectivo lembra as conclusións das xornadas de conservación do cuartel de hai tres anos e nas que se propoñía un museo arqueolóxico. «Este museo, que ten que estar no centro, non é unha infraestrutura caprichosa e inútil, senón imprescindible para a salgavarda, estudo e divulgación do rico patrimonio arqueolóxico», ademais de destacar que é importante «para a economía dunha cidade terciaria que precisa a creación de produto cultural destinado ao turismo de calidade».

O Clube Valle Inclán cualifica de sorpresa e de manobra a proposta da consellería. «Amosan descoñecemento dos fondos patrimoniais existentes e previstos», e sinalan que, por exemplo, no MIHL non collería «nin a terceira parte dos restos do Lugo romano». Piden un museo no centro como teñen outra cidades históricas Mérida, Alcalá, Braga ou Astorga.