
A concesión municipal será por 25 anos non prorrogables
21 mar 2021 . Actualizado a las 12:12 h.A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou da adxudicación de sete novos postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal o pasado mércores en Xunta de Goberno. Os postos adxudicados son os números 21 e 22 do Mercado Municipal, xunto coa cámara e almacén número 1, que terán unha concesión de 25 anos non prorrogables. A concesión realizada esta semana remata o procedemento iniciado a comezos do pasado ano.
«Seguimos traballando para que a Praza e o Mercado cheguen a ter o total dos seus postos ocupados e en funcionamento», declarou Cristina López, que destacou que «na Praza e no Mercado atopamos produtos de calidade, ao mesmo tempo que recibimos a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto».
Cristina López destacou a importancia do comercio local, «que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria», e afirmou que «neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible». A edil de Participación afirmou que «a peonalización de Quiroga Ballesteros permitirá ter un entorno axeitado para dinamizar a economía nun entorno privilexiado do centro da cidade».