Mañá, novos actos de recoñecemento da súa figura na vila meirega

La Voz

MEIRA

Distintos

15 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Cultural Avelino Díaz organiza mañá, en Meira, unha nova xornada de recoñecemento do poeta. Os actos celébrase na Casa da Cultura e organízanse en colaboración cos concellos de Meira e de Riotorto. En primeiro lugar, ás catro e media da tarde, proxéctanse dosu documentais: un céntrase nas razóns polas que Avelino Díaz, segundo a asociación, é merecente Dun día das Letras Galegas, e o outro, nos 121 anos do seu nacemento, cumpridos no 2018. Esa parte ten un acompañamento musical, coa actuación dun cuarteto de saxofóns da Banda de Música de Meira.

Ás cinco o profesor Bernardo Penabade pronuncia unha conferencia, A obra de Avelino, semente para mañá. Unha hora despois ten lugar un recital poético, que tamén conta co acompañamento do cuarteto de saxofóns da banda meirega. A derradeira intervención é a de Antón Santamarina, catedrático da USC e membro da Real Academia Galega (Algúns aspectos da fala de Avelino). A xornada ten tamén un peche musical, pois está prevista outra actuación do cuarteto de saxofóns da banda.