Oliver Laxe, fillo adoptivo de Navia de Suarna

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ
Santi M. Amil

A decisión foi acordada por unanimidade no pleno celebrado o mércores

01 oct 2020 . Actualizado a las 16:18 h.

Oliver Laxe é distinguido como fillo adoptivo de Navia de Suarna, decisión que se tomou por unanimidade no pleno celebrado este mércores no Concello. Como argumentación, dende a alcaldía explicaron que o actor, director e guionista "reúne os méritos suficientes para ser merecedor desta concesión". 

Na memoria de méritos aportada polo Concello de Navia de Suarna, exponse a traxectoria de Laxe, nado en París no 1982, regresou a Galicia con seis anos e cursou en A Coruña os seus primeiros estudos. Formouse en cine na Universidade Pompeu Fabra e completou os estudos en Londres. O cineasta é natural da aldea de Vilela e un namorado de Os Ancares. Ademais, nestes intres traballa nun proxecto ligado ao desenrolo rural e á xestión cultural.