O executivo provincial investiu preto de 1,1 millóns no Corgo para mellorar as dotacións públicas, xerar emprego e prestar atención aos maiores
09 ene 2018 . Actualizado a las 09:53 h.O Goberno da Deputación investiu preto de 1.100.000 euros no último ano e medio no Corgo para mellorar as dotacións públicas municipais, xerar emprego e prestar atención profesional ás persoas maiores deste municipio, beneficiando deste xeito aos máis de 3.600 veciños do Concello. Deste investimento, 330.000 euros foron para o arranxo da estrada que vai da variante da LU-P-1602 de San Cristobal por Adai á LU-106 entre os puntos quilométricos 1,5 e 3,2.
Sobre a xeración de emprego, este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 133.000 euros do Goberno da Deputación para a creación de novos postos de traballo no municipio. A través do DEPUEMPREGO, Corgo mellorou as prestacións públicas municipais a través da contratación de 6 novos traballadores. A isto hai que engadir o BEN EMPREGADO, o programa mediante o cal a Deputación asume os gastos da contratación de lucenses desempregados en empresas da provincia, en concreto, 4 persoas comezaron a traballar en Baralla grazas a este plan de emprego.
Servizos Sociais. O Goberno da Deputación presta atención profesional a máis de 55 maiores de Corgo a través do servizo de Teleasistencia gratuíta e o Servizo de Axuda no Fogar, financiando con máis de 47.000 euros estes dous programas.
Mellora de infraestruturas. Os veciños de Corgo beneficiáronse dunha achega de preto de 311.668 euros para o acondicionamento e mellora de accesos a Lousado, Estación e Bocelo; melloras na rede de alumeado público no Campo de Fútbol Municipal; mellora dos accesos aos núcleos de Gándara e O Corgo desde a N-VI e acondicionamento e mellora do Campo de Fútbol do Corgo.
Novas dotacións. O Goberno da Deputación investiu 218.500 euros para a posta en marcha dunha piscina de aprendizaxe con tobogáns na Praia Fluvial do Chamoso.