
A actuación será este sábado na Casa-Museo Manuel María
24 mar 2021 . Actualizado a las 13:05 h.Sábado 27 • 17.00 e 18.30 horas • Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) • Entrada: 2 euros. Reservas: contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou 698 177 621 (WhatsApp) •
Paco Nogueiras presenta, con dous pases, o espectáculo «Extra!», un particular xornal musical dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos, no que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Despois de «Brinca vai!» e «Radio Bulebule», Paco Nogueiras ideou un xornal musical nun libro-cedé, editado por Kalandraka e ilustrado por Marc Taeger. Contén doce composicións que tratan distintas noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidarán á participación daqueles que se acheguen este sábado por Outeiro de Rei.