As festas de San Vicenzo en Rábade: degustacións gratuítas de mexillóns polos bares e moito deporte
RÁBADE
A chuvia non importou aos que este sábado decidiron acercarse ata Rábade para disfrutar da Exaltación do Mexillón, á que acudiu tamén o conselleiro do mar, Alfonso Villares
25 ene 2025 . Actualizado a las 19:59 h.O Concello de Rábade ten unha programación completa para esta fin de semana con motivo das festas de San Vicenzo. O sábado tivo lugar a vixésima edición da Exaltación do Mexillón de Rábade, con desgustacions gratuítas polos bares da vila, que financia a Consellería do Mar. Ademáis, as 14.00 houbo sesión vermú con Miguel Bello & Luis Bedu e a presentación da Batucada «Escándalo de Sons», na Praza de España.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, achegouse tamén o sábado ata o municipio lucense para aplaudir as 20 edicións da Exaltación do Mexillón, que promove o consumo do molusco rei das Rías Galegas. Antes de degustar os mexillóns e ensalzar a calidade do produto, así coma o sabor das diferentes receitas, o conselleiro achegouse ata a Casa do Concello, onde asinou o Libro de Honra.
Pola tarde, seguindo coa programación das festas, tivo lugar unha carreira popular que, pese a chuvia, contou con máis de 300 participantes de diferentes idades. Á noite houbo verbena coa orquestra Los Coleguitas e disco móbil Coco Music DJ Casanova. Para o domingo a programación inclúe de novo a degustación de mexillóns, misa solemne cantada polo coro da asociación Músico Crisanto e vermú coa orquestra Zona Zero.