As bandas Second, Sexi Cebras e The Rapants, no Verbena Fest de Sarria

La Voz LUGO

SARRIA

Presentación do festival Verbena Fest
Presentación do festival Verbena Fest cedida

A cita musical celebrarase os días 4 e 5 de agosto

28 jul 2023 . Actualizado a las 10:43 h.

O festival A Verbena Fest celebrarase en Sarria os días 4 e 5 de agosto e contará co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo e co da Xunta de Galicia, entre outros patrocinadores institucionais e privados.

O cartel, que foi presentado onte, incluirá as bandas Second, Sexy Zebras e The Rapants como cabezas dun festival no que actuarán tamén Kamikaze Helmets, Louband, Malenne Dúin, Grande Osso e Los Naipes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, amosou o apoio da área de Cultura ao festival, «unha mostra máis do dinamismo e da enerxía da mocidade e do tecido asociativo de Sarria, que está a encher a vila de actividade cultural e musical». As entradas físicas están á venda no Meigallo e no Bar Cubano.