Rosa Aneiros gaña o premio de narrativa Agustín Fernández Paz

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

VILALBA

José Manuel Casal

O xurado acordou a decisión por unanimidade

28 oct 2018 . Actualizado a las 20:32 h.

Rosa Aneiros é a gañadora da segunda edición do premio de narrativa infantil e xuvenil Agustín Fernández Paz, convocado polo Iescha, o Concello de Vilalba e EdIcións Xerais. O xurado acordou por unanimidade concederllo pola obra «Unha manta rillada», cuxo título definitivo é «Tres bichiconas, dúas illas e unha serea» e que se presentou co pseudónimo de Khoedi.

O premio foi creado en memoria do autor que lle dá nome, e o xurado precisamente sallentou que a obra gañadora dialoga con textos de Fernández Paz.