O traballo presentado é «Poema da rúa das aves», e a entrega farase o día 30
20 ago 2019 . Actualizado a las 19:34 h.Migue Barrera, vilalbés residente en Torrelaguna (Madrid), é o gañador do Certame Literario Concello de Vilalba, que este ano acada as 45 edicións. A obra pola que foi premiado polo xurado, cuxa decisión se anunciou esta mañá,é «Poema da rúa das aves». O premio ten unha dotación económica de 7.000 euros, e a entrega, como é habitual, farase o día 30, véspera do San Ramón.
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, presidiu o xurado, do que formaron parte o académico Darío Villanueva, o historiador Ramón Villares e os xornalistas Fidel Fernán e Xulio Xiz.