O Iescha, o Concello e Edicións Xerais convocan o certame
27 abr 2020 . Actualizado a las 10:49 h.O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia veñen de convocar unha nova edición do Premio Agustín Fernández Paz, centrado na narrativa infantil e xuvenil. O gañador recibirá 3.000 euros, aínda que esa cantidade estará suxeita ás retencións legais vixentes, e a obra será publicada pola devandita editorial, que terá os dereitos dos primeiros 1.500 exemplares da obra que se vendan.
O prazo de admisión de exemplares abriuse o xoves, Día do Libro, e pecharase o 12 de xullo, ao cumprírense catro anos da morte do escritor. O xurado anunciará a súa decisión en outubro, e nas bases recóllese a posibilidade de que quede deserto. O premio acada a cuarta edición. No 2019 gañouno Antía Yáñez.