
O traballo premiado é «Obra inacabada de Dosinda Christensen»
17 ago 2020 . Actualizado a las 18:20 h.Xerardo Quintiá é o gañador da edición de este ano do certame literario de Vilalba, convocado polo Concello. A obra premiada é «Obra inacabada de Dosinda Christensen», que se presentou co lema Árbore ou ceo. O autor recibirá 7.000 euros, flor natural e diploma. O xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura, Vanesa Siso, a quen acompañaron o critico literario Darío Villanueva, o historiador Ramón Villares e os xornalistas Fidel Fernán e Xulio Xiz. A decisión do xurado foi acordada por unanimidade. O certame literario acada este ano as 46 edicións.
Ao premio presentáronse 93 obras, pero sete foron excluídas por non cumpriren as condicións esixidas nas bases. Quintiá (Friol, 1970) comezou a súa traxectoria na literatura galega hai máis de 20 anos, con obras en prosa como «Unha soa man e outros intres» e «Un rabaño de ovellas brancas». Dende entón ten publicado varias novelas e varios libros de poesía.