Pinturas A. Rouco gañou o concurso de escaparates de Nadal de Vilalba

Laura López LUGO / LA VOZ

VILALBA

O gañador do certame foi o escaparate presentado por Pinturas A. Rouco, premiado con 600 euros.
O gañador do certame foi o escaparate presentado por Pinturas A. Rouco, premiado con 600 euros. CEDIDA

Repartíronse outros tres premios no certame

12 ene 2022 . Actualizado a las 12:24 h.

O Concello de Vilalba entregou esta semana, na Casa da Cultura, os premios do III Concurso de Escaparates de Nadal en Vilalba. O certame, organizado pola concellería de Comercio, buscaba promover e dar visibilidade aos negocios da localidade, creando un ambiente propio das festas do Nadal.

En total, 39 establecementos participaron neste concurso que acadou este Nadal a súa terceira edición. O gañador do certame, recoñecido coma o mellor escaparate segundo o xurado, foi o presentado por «Pinturas A. Rouco», premiado con 600 euros.

O segundo premio recaeu en «Carlín», local premiado con 400 euros. Por último, o establecemento «A Chave dos Soños» foi, baixo a decisión do xurado, o terceiro mellor escaparate, con 200 euros de premio.

Por outra banda, o local «As Nubes» foi o escaparate máis votado pola cidadanía nas redes sociais, recibindo un premio de 100 euros.

«A ampla participación demostra a consolidación dun certame que embelece a nosa vila e fomenta as compras no comercio local durante o Nadal», subliña Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba e presidenta do xurado deste certame.

O xurado estivo formado por Mª Sonia García, técnica de Cultura; Marta López, secretaria xeral da Federación de Comercio de Lugo; Ángel Ramil. Secretario do Consello Regulador da D.O. Queixo de San Simón; Mª del Socorro, directora do IES Basanta Silva; Juan Couso, representante de Santa Compaña Producciones; e Gloria López Santomé, deseñadora de Inditex.

A valoración dos escaparates baseouse na orixinalidade e a complexidade, a artesanía, a creatividade, o deseño e a calidade, o atractivo comercial e a decoración acorde ao produto de venda.