Haberá variadas actividades deportivas para a mocidade
14 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Vilalba presentou as Vilaescolas de verán, que inclúen actividades deportivas no período estival para a mocidade: escalada, parkour, danzas urbanas, kaiak, roteiros en BTT, andainas nocturna e festas acuáticas. As inscricións rematarán o día 17. Estas actividades celebraranse dende finais de xuño ata agosto, con distintas quendas en función das idades. A idade mínima comeza nos 7 anos e haberá grupos para maiores de 13.
As rutas BTT serán dúas: unha solidaria o 9 de xullo e outra co nome Coñece o teu concello, o 30 de xullo. Ademais, celébrase a I Andaina nocturna o 16 de xullo. O prazo de inscrición remata 5 días antes da data.
As festas acuáticas de balde, para maiores de 3 anos, retómanse o 23 de xullo e 20 de agosto, e non precisan inscrición.
As inscricións realizaranse na sede electrónica do Concello de Vilalba, a través da web de aluguer de instalacións e inscricións en actividades ou presencialmente no rexistro xeral do concello de Vilalba.
As actividades terán un custo de 30 euros por persoa, agás escalada que son 20 euros, os roteiros BTT e andaina que son 3 euros e a festa acuática que é gratuíta.
Pódese obter máis información sobre as actividades no teléfono 982 5107 61 ou no correo electrónico deportes@vilalba.es