Carta de despedida de Héber Pena: «Sempre serei un racinguista»

La Voz FERROL

OPA RACING

Héber Pena con su abuelo Lolo
Héber Pena con su abuelo Lolo Héber Pena

El ya exjugador del Racing de Ferrol se marcha a jugar al Vizela de Portugal

29 jun 2024 . Actualizado a las 21:05 h.

Héber Pena (Narón 34 años) no seguirá en el Racing la próxima temporada, ya que se marcha a jugar al Vizela de Portugal. El ya exjugador del Racing se despidió hoy de la afición racinguista mediante una carta pública. «Queridos racinguistas. Era un cativo cando meu avó acudía á Malata. Sentado baixo o marcador alentaba coa súa presenza ao equipo da súa vida. Lolo chegou a ser socio de honra. Un dos dez máis antigos. Mentres tanto en min medraba o sentimento verde ao darlle as primeiras patadas a un balón. Eu fun un benxamín das categorías inferiores. Por Lolo que dende arriba sempre me alenta. Por desgracia pronto tiven que preparar as maletas para emigrar. O fútbol é o deporte do caracol. Os futbolistas levamos a nosa casa a costas. Tamen á familia. A Jessi e a Chloe. As miñas mulleres. As persoas que sempre están aí para apoiarme. Sen vós esta aventura sería imposible».

Añade en su carta que: «Lonxe de Ferrolterra vivín grandes experiencias e incluso ascendín a Segunda División, pero quedábame unha espiña. Quedaba vivir esa experiencia na Malata. Que o marcador do fondo norte puidese amosar os resultados que levasen á marea verde ao lugar que se merce: O fútbol profesional. Grazas a Carlos Mouriz puiden cumprir ese soño. Sentinme profeta na miña terra, levar o brazaleta de capitán e facer as miñas mellores campañas no equipo que me viu medrar. Hoxe toca escribir un punto final a esta historia. Cóstame moito decir adeus e por iso me emociono ao escribirvos estas palabras».

Finaliza su carta con: «Aquí quedan moitas amizades que non se esquecerán coa distancia. Non quería rematar esta mensaxe sen agradecer o apoio e afecto que me brindaron na «pisotaberna». Grazas a Uxío, Alcudia, Koke, Carmen, María, Piquelo e Manolo. Ao Doctor Brage. Tamén grazas ás rapazas da oficina, Belén, Lina e Cris. E non me esquezo dos meus compañeiros, do corpo técnico e da afección. Esta loucura foi posible grazas a vós. Agora volvo marchar. Fágoo con mágoa máis tócame vivir unha nova aventura. Pero estarei. Alentarei para que o marcador do Racing sinale victorias e éxitos. Sempre serei un racinguista. Un racinguista de corazón. Sempre ao voso lado porque nós somos a marea verde. Sempre, ¡Opa Racing!.