Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Arrichada, espelida e lercha

| SANDRA FAGINAS |

OPINIÓN

17 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

falar.ben@lavoz.es HAI unha forma galega que empregamos decote para cualificar as persoas que actúan ou falan sen vergoña nin timidez. Ese adxectivo é arrichado. En si mesma esta calidade é positiva, sen embargo, é frecuente que a palabra arrichado(a) teña unha connotación pexorativa. De feito, cando alguén amosa excesiva enerxía ou valentía nalgunha resposta ou comentario pode ser rapidamente caracterizada como unha arrichada. Nalgúns casos, arrichado é sinónimo de afoutado, afouto, ardido, arriscado, audaz, intrépido ou ousado. Aínda que todas estas acepcións teñen un ton despectivo, é habitual utilizar esta palabra de xeito cariñoso. De feito, no ámbito familiar adóitase cualificar así ós nenos cando adoptan actitudes ou expresións pertencentes ós adultos, non apropiadas para a súa idade. Por iso, a que prefiro eu é esta última, empregada sempre co diminutivo: ¡lerchiña!