M orreu Adolfo Domínguez Otero, Fito, un dos fundadores da Roda xunto cos irmáns Vaamonde, e o seu propio irmán, entre outros.
Fixo da música galega un referente universal, e foi un bo compañeiro naqueles tempos onde cantar na nosa lingua era unha aposta persoal e colectiva por normalizar o uso na nosa terra da lingua máis fermosa que eu coñezo: o galego.
Lembro nos primeiros anos da Roda (1978) conversas en Santiago de Compostela sobor da música galega con Luís Vaamonde, o irmán de Suso, que estudaba Dereito, no marco das noites composteláns, as referencias que facía de Fito entre cantigas e grolos e nas que destacaba a súa bonhomia. Porque a súa voz chea de paixón, ledicia, e por que non morriña e tristura, inundou Galicia, achegándose a tódalas ringleiras da terra e do mar.
Agora xa descansa no ceo da música galega, onde o estaban esperando Pucho Boedo, Ana Kiro, Andrés do Barro e o seu amigo e compañeiro Suso Vaamonde entre outros, para poder seguir cantando nesta fermosa lingua ata o fin dos tempos...... e xa sabes aínda que sexa miudiño, miudiño o que dicía o bardo Pondal....
Mais soo os iñorantes/ E feridos e duros/ Estúpidos e escuros/ Non nos entenden non...
Ata sempre.