Ante quen responden os xuíces?

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

07 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O ministro de Xustiza dixo dun xuíz : «Cando todos saben que este xuíz ten algún problema singular, sorpréndeme que o Consello non actúe».

As súas palabras provocaron unha reacción corporativa das sete asociacións de xuíces e fiscais, que pediron a súa dimisión. Tamén a pediu unha parte da oposición ao considerar as súas palabras unha intromisión do poder executivo na función xudicial. E, sen dúbida, serán aproveitadas por Puigdemont e CIA para propalar por Europa que en España non hai unha xustiza independente. Pero que a súa actuación sexa imprudente e torpe non quere dicir que non teña razón. Danlla os 1.869 psicólogos e psiquiatras que manifestan o seu total rexeitamento á sentenza nunha carta enviada ao Ministerio. Explican nela que o bloqueo psicolóxico é unha «forma rápida de reacción do sistema nervioso para tratar de sobrevivir e minimizar o impacto do suceso ameazante». E por iso non ten sentido expor a cuestión do consentimento, «nin tampouco hai lugar para preguntar á vítima nin é determinante o feito de que tivese resposta sexual». É dicir, que o seu corpo respondese con «jadeos» durante as agresións. Por iso, cualificar de «jolgorio» o que alí sucedía demostra unha visión da realidade que pode cualificarse de «problema singular».

En canto ao que poida facer o Consello Superior do Poder Xudicial, hai que dicir que a elección dos seus membros polos partidos políticos fai que se dubide da súa imparcialidade e que o feito de que sexan xuíces quen xulguen aos xuíces provoca, en casos como este, a crecente desconfianza da sociedade ante a Xustiza.