O Plan Fotón

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

Óscar J.Barroso

24 jun 2020 . Actualizado a las 19:47 h.

Durante estes tempos da pandemia estase a falar moito dos sistemas que aguantaron o esforzo. O das telecomunicacións deu a agradable sorpresa de soportalo coma a médula e os nervios de todo. As fibras ópticas foron claves para conseguir que funcionase, mais, coma os nervios, son estruturas físicas moi finas e humildemente ocultas.

Comezáronse a estender, soterradas, co Plan Fotón da Telefónica, que o seu director xeral de comunicacións de Empresa -o vigués Guillermo Fernández Vidal- anunciaba en 1993. Telefónica posuía dereitos de paso e apoio para cabos por toda España e tomou unha decisión con visión de futuro, cuxo acerto ficou rotundamente demostrado. En canto compañías de telecomunicación doutros países se mantiñan transmitindo electróns e ondas de radiofrecuencia, o monopolio español apostou por transmitir fotóns.

Nestes días andan críticos a falar de «abusos da Telefónica» con respecto ás redes de fibra. Porén esquecen que o tempo pasa, as técnicas se vulgarizan e as leis mudan. Agora vemos as telecomunicacións coma un negocio aberto, mais pouco antes do Plan Fotón aínda se ensinaba nas universidades a conveniencia do «monopolio natural» para dar «servizos universais». Durante máis dun século esa doutrina xuntara Correos, Telégrafos e Telecomunicacións nas «nacións avanzadas».