Nicolás Redondo, «in memoriam»

Amelia Pérez Álvarez SECRETARIA XERAL DE COMISIÓNS OBREIRAS EN GALICIA

OPINIÓN

mp

05 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Decía Pepe Cameselle, o que foi secretario xeral da Unión Comarcal das CC.OO. de Vigo, que ser sindicalista é unha vocación. Nesa vocación vai implícita non só a defensa dos intereses e os dereitos da clase obreira, senón tamén a defensa da liberdade e da democracia.

Esa vocación é a que definiría a Nicolás Redondo. Figura imprescindible da historia de este país. Redondo foi unha das personalidades máis relevantes da España democrática e o seu traballo e compromiso foi clave para a consolidación das liberdades e a chegada dos dereitos.

Foi, ademais, construtor, xunto con Antonio Gutiérrez e Marcelino Camacho, da unidade de acción sindical entre os dous sindicatos maioritarios do país que se foi asentando co paso do tempo e que chega ata os nosos días.

Todos estes valores dos que falábamos antes e que Redondo defendeu con tesón e perseveranza son os que fan que hoxe, ante o anuncio do seu falecemento, o sentir xeneralizado sexa o de recoñecemento a súa figura.